Print This Page

URBANISMO... A MENTIRA PERMANENTE

O PLAN SECTORIAL GALEGO DE SOLO RESIDENCIAL PARA AMES "OUTRA IMPROVISACIÓN DO ALCALDE DE AMES"

Qué di a Consellería? Segundo a Consellería de Vivenda o plan pretende a planificación do solo destinado maoritariamente a vivenda de Protección Pública (VPP) para o período 2008-2017. Para iso, o Plan pretende establecer as necesidades de vivenda actual e futura ata 2017.

O Partido Popular xa denunciou que se trata doutra MANOBRA PROPAGANDÍSTICA da Consellería de Vivenda que o único que fai é completar páxinas dos periódicos e tempo nos medios de comunicacións audiovisuais pagados iso si con cartos de todos os galegos. Anúncian agora o que non fixeron antes. (NO ANO 2008 UNICAMENTE HAI LICITADAS NO DOGA 337 VIVENDAS)

En catro anos de lexislatura o Bigoberno non foi capaz de poñer no mercado NIN UNHA SOA VIVENDA, Agora unh acto máis de PROPAGANDA pretende poñer obxetivos a 10 anos vista. Ademáis, a demanda futura de vivenda está mal calculada.

QUE SUCEDE CON AMES?

Carlos Fernández, nunha das súas "xenialidades"  propuxo para EXPROPIACIÓN por parte da Xunta de Galicia 2 sectores que xa están en vías de desenvolvemento. GALDRACHÁN (no Milladoiro) e PEDREGAL (en Bertamiráns) Ambos xa contan co Proxecto de Reparcelación e incluso CON LICENZA (o caso de Galdrachán). Segundo os datos que temos, a sitiación é a seguinte:

GALDRACHAN (O MILLADOIRO)
Clase de solo: Urbanizable - Superficie delimitada: 114.505 m2

PREZO A PAGAR AOS PROPIETARIOS POLO SOLO
75 € m2 (12.479 PESETAS)
Pola obtención do solo construído (casas)
119,05 m2 (19.808 PESETAS)

 
PEDREGAL (BERTAMIRÁNS)
Clase de solo: Urbanizable - Superficie delimitada: 61.649 m2

PREZO A PAGAR AOS PROPIETARIOS POLO SOLO
88,18 € m2 (14.672 PESETAS)
Pola obtención do solo construído (casas)
146,96 € M2 (24.452 PESETAS)

 
En ambos casos, de existir algún condicionante (casetos, viñedos, arbolado, etc.  Habería que sumarlle a cantidade de 0,51€ m2máis no caso de Galdrachán e de 9,28€ m2 no caso do Pedregal.

Páxina anterior: Ames día a día
Páxina seguinte: Onde estamos