Print This Page

OS VERSOS DE ALFONSO

O noso compañeiro Alfonso Rey, concelleiro, mestre, poeta e sobre todo Excepcional Persoa, deléitanos con frecuencia coas suas intervencións nos Plenos. Desde aquí poderás ler e apreciar a súa especial sensibilidade.

 FACTURA DE CORREOS

Como soe ser costume
andamos a discutir, 
para quen nos queira oír,
se é que inda non ten cerume.
A cerume tapa oídos
daquel que quere escoitar,
pero hai palla no pallar
para os bois que andan xunguidos.
Motivo da discusión,
coma sempre unha factura,
que o goberno, sen premura,
abordou nesta ocasión.
Seica hai un buro-fax
que chegou ata o Concello,
pero sería o perello
ou cicais algún rapás,
por Rexistro non entrou
ata algún día despois…
ides vendo como os bois
e o da palla non cadrou.
Oito e media da mañá,
o Alcalde xa ten noticia,
pra merma da súa ledicia,
de que o documento está.
Toma nota e xa na Xunta
de Goberno daquel día
dá orde da pagantía
e así o tanto se apunta.
Pero o PP que non dorme
axiña se dá de conta
que aquilo do “tanto monta”
aquí  xa se fai enorme.
“As cóxegas non me ha buscar
a oposición do PP,
pois para eles, abofé!
eu son listo a rabiar”.
Pensaba o señor Alcalde
que Santiago era un novato
acusouno de “miñato”,
pero non lle foi de balde.
Confirmouse de contado
que o Alcalde era un “listillo”,
pero pasouse de “pillo”
e acabou moi mal parado.
Como preside a FEGAMP,
influíu na decisión,
pero quedou sen razón
por tramposo e mentirán.
Así esta historia remata,
quedando ben confirmado
que este Alcalde está entrampado
ata o nó da garabata.
A.R.L.

PLENO 31 DE XULLO 2008

 

PLENO 31 XANEIRO DE 2008

 

PLENO 27 DECEMBRO DE 2007

 


Páxina anterior: User-defined tags
Páxina seguinte: FORO POPULAR