Print This Page

PARTIDO POPULAR DE AMES WEB OFICIAL

 

Benvidos a Web oficial do Partido Popular de Ames.  

Este espazo está destinado a todas as persoas do noso Concello. Queremos que esta web sirva de plataforma de INFORMACIÓN e PARTICIPACIÓN cidadá. Pesnsamos que a única forma de poder chegar a ti e mediante unha comunicación bidireccional, de tal xeito que saibas en todo momento cales son as iniciativas que estamos a levar a cabo dende o Partido Popular de Ames. 

Sabedores que nos medios de comunicación non saen as nosas propostas, e sabedores de que o "poder" ten un plus, pretendemos que a través desta web cheguen aos veciños as nosas propostas tal e como as facemos, sen cortes nin comentarios subxectivos.

Por otra banda, pretendemos que nos fagas chegar as túas propostas para poder levalas a cabo, os teus comentarios para seguir aprendendo e as túas críticas para saber no que podemos estar errando e correxir os defectos.

O Partido Popular de Ames está formado por moitas persoas, mulleres e homes que estamos traballando con ilusión para facer do noso Concello un lugar donde non só se veña durmir, senón que tamén se veña VIVIR, en definitiva, pretendemos que a calidade de vida das persoas que somos e vivimos en Ames, o poidamos facer cada vez con maior calidade de vida.

En definitiva, pretendemos FACER POLÍTICA DOUTRO XEITO sen descualifiacións pero con rigor, sen demagoxia pero con propostas, con moitas ganas e con máis traballo.


 



Páxina seguinte: Ames día a día