Print This Page

Milladoiro o que esta por ver...


MILLADOIRO O QUE ESTÁ POR VER... A GRAN MENTIRA DO PSOE

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ames celebrou o xoves día 4, un acto informativo aberto a todas as persoas de Ames a partires das 20:30 horas. Nesta ocasión  dende a perspectiva do Milladoiro.

Un dos temas que se abordaron foi a grave falta de inversións no Milladoiro, inversións que foron prometidas polo PSOE de Ames nun panfleto informativo que levaba por titulo “ O MILLADORIO O QUE ESTÁ POR VER”. Inversións que estaban reflectidas  nos orzamentos do ano 2008 por valor de 7,5 millóns de euros e das cales están TODAS SEN REALIZAR.

Temas como o Instituto, o Centro de Saúde, o Cuartel da Garda Civil, a reurbanización das rúas, o Parque Central do Milladoiro etc. Foron obxecto dun pormenorizado estudo.

A situación de inacción dos responsables da política municipal de Ames e a falta dun traballo serio e a improvisación continua, motivaron esta sesión informativa.

O outro obxectivo do Grupo Municipal do PP de Ames foi o de recoller todas as opinións, suxestións e críticas que os veciños nos queiran formular co fin de estudalas e elevalas ao Pleno da Corporación.

A intención do Grupo Municipal foi establecer unha canle de comunicación cos veciños.  Trátase de transmitir e recoller información.


SE QUERES VER A PRESENTACIÓN FAI CLIC AQUÍ 

 

FAI CLIC PARA ESCOITAR A CUÑA DA RADIO



Páxina anterior: Afiliate o PP de Ames
Páxina seguinte: SABES OS IMPOSTOS QUE PAGAS?