Print This Page

News

09/04/2010

Demanda Dereitos Fundamentais


Admitido a trámite o recurso  en TUTELA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS por razón da actuación do Alcalde de Ames  e Presidente da FEGAMP, no que se refire ao pleno celebrado o pasado 25 de febreiro de 2010 na que o Alcalde socialista de Ames modificou a orde do día de forma unilateral.
Category: General
Posted by: Administrador
A demanda, presentado por membros do Grupo Municipal Popular, foi admitida polo Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Santiago de Compostela e ordena ao Concello con carácter de urxencia a remitir o expediente administrativo no prazo de 5 días.
Nese pleno, e de forma partidista, o Alcalde modificou o punto 5 e 6 da orde do día de tal forma que non coincidían co ditaminado na comisión e que non tiñan informes de Secretaría.
Na comisión informativa de Urbanismo, se ditaminaron DOUS PUNTOS:
1.       INICIO DE EXPEDENTE PARA CESIÓN GRATUITA DE PARCELA NA LOCALIDADE DE BERTAMIRÁNS A FAVOR DA XUNTA DE GALICIA PARA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
2.       INICIO DE EXPEDIENTE PARA CESIÓN GRATUITA DE PARCELA NA LOCALIDADE MILLADOIRO A FAVOR DE LA XUNTA DE GALICAIA PARA EDIFICIO DESTINADO A TERCEIRA IDADE.
Sen embargo, o alcalde cambiou o termo CESIÓN, require maioría absoluta do pleno para a súa aprobación  (tal e como recollía o informe de Secretaría), polo termo POSTA A DISPOSICIÓN que tan só require a  maioría simple e que non estaba ditaminado pola Comisión Informativa e polo tanto, tampouco estaba informado por Secretaría.
Esta situación provocou que no pleno, o Portavoz do Partido Popular Santiago amor, se dirixira ao alcalde en 5 ocasións para que clarexara esta situación, non advertindo en ningún momento (nin o alcalde nin a Secretaria) do cambio do sentido do voto para a súa aprobación de maioría absoluta a simple. Cuestión que provocou o abandono da oposición en protesta pola manipulación realizada polo Alcalde de Ames ao saír aprobados os dous puntos tan só cos votos afirmativos do Grupo de Goberno Socialista.
O único obxectivo do Partido Popular céntrase en salvagardar os DEREITOS FUNDAMENTAIS, dereitos que presuntamente poderían ser vulnerados pola decisión do Alcalde de Ames e Presidente da FEGAM.
Fai clic aquí se queres ver a Providencia do Xulgado

Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager