Print This Page

News

08/04/2010

A NEGOCIACIÓN DOS ORZAMENTOS EN VÍA MORTA


O Grupo socialista deixa en “vía morta” a negociación dos orzamentos co Partido Popular ao non aportar a documentación solicitada e non facer ningunha proposta.O Partido Popular considera insólita a actitude do Grupo de Goberno Socialista na reunión celebrada o día 7 de abril con motivo dos orzamentos 2010
Category: General
Posted by: Administrador
O pasado 22 de marzo o Partido Popular presentou por escrito, debidamente membretado e firmado polo portavoz Santiago Amor, un documento coas propostas para o orzamento 2010, unha vez examinadas polo Grupo Socialista, na seguinte reunión do 29 de marzo, o Grupo Socialista aportou un escrito sen firmar e sen membrete onde se contestaba negativamente as nosas propostas e onde a conclusión que se saca é que non se acepta ningunha.
Na reunión celebrada onte as 13:30 h. non se avanzou absolutamente nada porque o Grupo Socialista está dilatando os tempos e non aportou ningún documento dos solicitados polo PP na reunión anterior e mantívose na súa posición inflexible.
O Partido Popular considera que nun proceso de negociación teñen que ceder as dúas partes, cuestión que non está acontecendo, a inflexibilidade do Grupo de Goberno deixa in “vía morta” este proceso, posiblemente porque o acordo co BNG (en forma de abstención) xa está pechado tal e como ocorreu no último orzamento.
Non aportan absolutamente nada, o unico que fan e contestala con evasivas. Isto é negociar?

Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager