Print This Page

News

03/03/2010

Ventín afectado pola folga de limpeza


A impasividade e a deixación de funcións do Grupo de Goberno socialista esta a provocar unha situación crítica no servizo de limpeza debido a folga sobre todo nos centros educativos. Dende o pasado 8 de febreiro, o servizo de limpeza está en folga e os servizos mínimos (duas persoas / 2 horas) non abondan para ter as instalacións cun mímino de pulcritude.
Category: General
Posted by: Administrador
No CEIP de Ventín, onde hai  escolarizados 385 nenos e nenas distribuídos en 19 aulas ao que hai que sumar un pavillón exterior de ximnasio con cuchas e servizos, aula de música, aula de usos múltiples, biblioteca, sala de profesores etc. Fan que o tempo adicado non sexa suficiente.
Maior gravidade ten a situación na que se atopan os corenta alumnos e alumnas diagnosticados de distintas alerxias (ácaros, pó, asma…)
Entendendo que hai que respectar os dereitos dos traballadores en folga, consideramos que coa maior urxencia posible o equipo de goberno socialista debería poñerse a traballar para que esta situación chegue ao seu fin canto antes, do contrario, e de seguir a pasividade por parte dos responsables municipais, a situación sería insostible, prexudicando gravemente aos 385 nenos e nenas do centro, as súas familias e aos traballadores do ensino do centro.
Os responsables educativos do centro xa advertiron en numerosas ocasións destes problemas.
Unha vez máis, o Grupo de goberno socialista utiliza a técnica da dilatación dos problemas para ver si o tempo se encarga de resolvelos.

Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager