Print This Page

News

14/10/2008

MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DO PASEO FLUVIAL DE BERTAMIRÁNS


Rematado cando gobernaba o Partido Popular fai máis de 6 anos, agora solcitamos o seu acondicionamento INTEGRAL debido ao seu grave deterioro. (ver a moción)
Category: General
Posted by: Administrador

O Partido Populr de Ames presentou unha moción para o acondicionamento integral do Paseo Fluvial de Bertamiráns porque se encontra gravemente deteriorado. A solicitude consta dos seguntespuntos:

Non hai máis que darse un volta por él, para observar as numerosas deficiencias e o estado de abandono en que se encontran moitas zonas que se detallan a continuación.   
O cespede precisa dunha profunda renovación, porque hai máis leitugas que herba, e nalgunhas zonas hai moitas calvas.
1.   Que se faga de forma inmediata, un plan de actuación integral dende o Concello co obxectivo de facer a reparación, restauración e acondicionamento de todo o paseo fluvial de Bertamiráns.
 2.   Sabedores de que Augas de Galicia ten un papel decisivo e decisorio nas actuacións que afectan sobre todo ó leito do río, mediante esta moción, propoñemos que o Concello poña o máximo interese na solución do problema e inste a realizar as actuacións necesarias ante este organismo e que faga ou autorice a facer as oportunas dilixencias para proceder ó acondicionamento do leito do río.
Non debemos esquecer que un dos obxectivos do paseo fluvial é previr as posible inundacións, e o estado no que se atopa non é o máis adecuado para que realice esta función.
·         Ten árbores tiradas que invaden o río e o lugar por onde pasean as persoas.
·         curso do río está cheo de maleza, pedras e area que, nalgún caso, non deixan pasar a auga, como ocorre na ponte da estrada que vai de Bertamiráns a Santiago (foto 1), onde a auga non pode pasar por un dos ollos da ponte.
·         A desembocadura do regato do Ameneiral, estase a taponar coa cantidade de residuos que acumula na súa saída.
·         Os valos de madeira están moi deteriorados e, nalgún caso (como se pode ver na foto nº 2) están podres e a súa situación fai que haxa risco de accidentes. Requirirían un mantemento xeral.
·         As fontes non botan auga e as mangueiras están á vista.
·         chan ten lousas que habería que reparar e repoñer.
·         Os patos, que antes tiñan comedeiras, agora non as teñen e carecen de casetas para acollerse.

Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager