Print This Page

News

04/09/2009

CASO AGORA ABERTA - ISABEL PEREIRO


O Partido Popular de Ames presentou no rexistro do Concello o pasado 2 de setembro a petición dun pleno extraordinario para debatir unha proposta de acordo para remitir ao Xuzgado toda a documentación relativa a concesionaria dos monitores dos comedores escolares (Ágora Aberta) e a presunta vinculación coa Concelleira de Educación Dona Isabel Pereiro Vila. 

Category: General
Posted by: Administrador

É máis que curioso que a creación da Empresa Ágora Aberta coincide prácticamente coa toma de posesión do Goberno Socialista en xuño do ano 2003. A actividade desta empresa comenzou o 14 de xuño do ano 2004 e a primeira factura émitese 25 días despois por valor de 7.366€. Tamén é curioso que o Alcalde de Ames fale de "Empresa Cualificada" cando a experiencia desta empresa no ano 2003 era escasa e na actualidade ainda non forma parte das empresas que contan coa oportuna Calificación  Empresarial.

Un dato moi rechamante e o nivel de facturación da empresa dende o ano 2004 ata o ano 2006. Según o Rexistro Mercantil, a empresa facturou durante este período máis de 620.000 € sendo o Concello de Ames prácticamente o seu ÚNICO CLIENTE xa que durante os anos 2004, 2005 e 2006 a facturación do Concello alcanzou a media do 97,55% de todos os ingresos da empresa da que foi ata uns días antes das eleccións ADMINISTRADORA a actual Concelleira de Educación Dona Isabel Pereiro Vila e que lle vendeu as accións ao seu socio Joaquín Loredo.

Dase a circunstancia que entre ambos hay unha propiedade en mitade indivisa e cou unha Hipoteca ao 50%

ALGÚNS DATOS IMPORTANTES

Durante o período 2004 a setembro de 2007 NON HAI CONTRATO ENTRE A EMPRESA E O CONCELLO

O departamento de Intervención emite neste período un total de 18 informes fiscalizando de disconformidade con respecto a situación da empresa.

Preguntado ao Alcalde si sabía o domicilio da Concelleira, a súa resposta foin NON.

BRANCO E EN BOTELLA !!!


Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager