Print This Page

News

02/07/2009

INTERPRETACIÓN OU MALA FE?


Por si xa fora pouco o escurantismo do Goberno Local e o retraso deliberado en darnos a documentación, por fin, dende o pasado lúns poidemos obter copia da documentación para poder analizala con detalle. Os resultados da conta orzamentaria do ano 2006 son INAPELABLES. Agora nos explicamos o interese do Goberno Local en ENTORPECER o noso traballo DILATANDO o acceso á información.

Category: General
Posted by: Administrador

Segundo os informes dos servizos económicos do Concello, "Nas previsións definitivas de ingresos e gastos do orzamento municipal do exercicio 2006 existe un DESEQUILIBRIO en termos de ESTABILIDADE ORZAMENTARIA por un importe de 3.772.836,38€"

O nivel de execución do orzamento queda da seguinte maneira:

  • Do previsto para as inversións a realizar no ano 2006 Só FIXERON O 38%. Este dato confirma as nosas suposicións, UNHA FALLA CLARA DE XESTIÓN
  • O gasto disparouse case ao límite orzamentado, exactamente un 6.355.211,95€, é dicir, un 97,8%. GASTAN PERO NON INVIRTEN
  • Do total orzamentado previsto 22.670.740,67€, ao final QUEDOUSE EN 16.569.511,05. polo tanto, este dato ven a confirmar o  que Partido Popular de Ames dicía. OS ORZAMENTOS ESTÁN INFLADOS.

Nos chaman alarmistas.... Unha disculpa para que os veciños de Ames non saiban cal é a verdadeira realidade económica do Concello no ano 2006. Agora queda por saber cal é a situación dos anos 2007, 2008 e 2009. Toda unha incógnita.

 

 


Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager