Print This Page

News

02/05/2009

Alcalde de Ames: " NON TEN A PALABRA!"


NON TEN A PALABRA, ABANDONE O PLENO !!!!

Ese é o único recurso do Alcalde de Ames que lle quedou no pleno do pasado xoves día 30 de abril pra evitar que o Partido Popular deixara en evidencia as graves carencias na xestión no Grupo Socialista nun tema tan importante como o Transporte Metropolitano e o Transporte Municipal. 

Category: General
Posted by: Administrador

Cando non hai argumentos e cando non se ten a capacidade de xestión imprescindible para sacar proxectos adiante cunha mínima entidade, hai que recorrer a procedementos antidemocráticos e cercenar a liberdade de expresión da oposición. Así ocorreo no Pleno Ordinario celebrado o último día de Abril cando ao Alcalde Socialista de Ames acabáronselle os argumentos para defenderse do chorreo de datos que o Grupo Popular espuxo ante o pleno da corporación nun tema tan importante como é o Transporte Público Municipal e o Transporte Metropolitano. 

O Alcalde Socialista de Ames, mostrou o seu talante antidemocrático cercenando a liberdade de expresión. Non permitiu o debate nin respectou as quendas de intervención do Grupo Popular, provocou o abandono da sesión de todos os membros  Populares cando foi expulsado do  Salón de Plenos o  Concelleiro  Ramón Gª Argibay. Non deixou facer uso lexítimo da quenda de explicación do voto nin das alusións persoais que se fixeron contra o Concelleiro de Partido Popular impedindo o lexítimo dereito de réplica. Tampouco permitiu a intervención da Señora Secretaria a petición do Edil Popular

O "talante democrático" do alcalde de Ames volveu a quedar patente ao non levar ao Pleno outra  Moción do Partido Popular que solicitaba o apoio e a promoción municipal  das  empresas e do comercio de Ames
O debate comezou  cando  o  GRUPO POPUAR  presentou  unha  enmenda  a  unha  proposta do  BNG sobre o transporte que abordaba  a ampliación do transporte rural  na que o PARTIDO POPULAR presentou unha importante modificación  (que foi aprobada por  unanimidade)  para que  o transporte público fora áxil, de calidade e  que  se levara en igualdade de condicións en todo o  Termo  Municipal.
O representante do Grupo Municipal  Popular  demostrou con cifras que o Alcalde Socialista non está defendendo os intereses de Ames  tal  é como se reflicte  no actual Convenio  do Transporte Metropolitano  firmado no ano 2006 e  tamén  no Futuro Proxecto modificado que  aínda non está en vigor.
Tal e como figura no Convenio firmado no ano 2006 por 8 concellos (Ames, Santiago, Oroso, Brión, Val do Dubra, Vedra, Teo e Boqueixón), as achegas que ten que facer o Concello de Ames supoñen o 47% do total aportado polos Concellos mentres que no voto ponderado para tomar decisións, o Concello de Ames só ten o 7% dos votos.
Ademais, o Grupo de Goberno  do  Concello de Ames a diferenza do que fan outros concellos, despreocupouse das zonas rurais ao non consignar partida económica para complementar as  liñas  do transporte metropolitano existente.

A situación económica que estamos a vivir e a  precaria  situación na que se atopa o Concello de Ames  motivada pola  falta de xestión e previsión Orzamentaria  do Grupo Socialista  impide facer fronte as achegas económicas e como consecuencia, impide levar adiante proxectos básicos para as persoas que viven en Ames, en especial as que residen nas zonas rurais, que non debemos esquecer, son o 25% da poboación  amiense


Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager