Print This Page

News

30/03/2009

FALTA DE TRANSPARENCIA


Unha Moción do Partido Popular puxo en evidencia a falta de transparencia dos procedementos administrativos. O Alcalde de Ames recoñece numerosas irregularidades nas formas de contratación.

Category: General
Posted by: Administrador

O Partido Popular reclamou que se "Subsanaran coa maior celeridade posible as irregularidades cometidas en canto aos procedementos de contratación de diversos serrvizos", nunha moción que se presentou no pasado pleno do día 27.

Promover a transparencia e a libre concurrencia nos procedimentos de contratación que se fan, debería ser unha prioridade co fin de promover a  igualdade de oportunidades en canto a concorrencia de empresas que queiran participar nos distintos procedementos de negociación e concurso para optar a realizar os servizos. A moción foi aprobada por unanimidade.

Que o Grupo Socialista mostrara o seu apoio a esta Moción, demostra que non é capaz de estar a altura e que sempre vai por detras das espectativas que xenera un Concello dinámico como o noso. É lamentable eque os representantes do Grupo Socialista boténlle a culpa a terceiras persoas e miren para outro lado, e vez voten unha moción que de porsí, non fai máis que esixir que se cumpra a legalidade vixente, en especial ao referente na LEY DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO.


Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager