Print This Page

News

14/03/2009

MOCIÓNS PLENO DÍA 26 MARZO


Que se cumpran os procesos administrativos na contratación dos Servizo e unha proposta para estudar o índice de gas Radón, son as duas mocións que o Partido Popular levará ao Pleno do vindeiro 26 de Marzo.
Category: General
Posted by: Administrador
Que o Grupo de Goberno Socialista cumpra os procesos administrativos na contratación dos servizos e o cumprimento da lexislación vixente , en especial da ley de contratos del Sector Público, é unha das duas mocións presentadas polo Partido Popular de Ames para o próximo Pleno.
Con demasiada frecuencia vemos que nas actas das Xuntas de Goberno Local hai facturas que contan con informes de disconformidade do servizo de intervención por motivos tan dispares como:
• Non ter autorización previa
• Incumprimento das Bases de Execución Orzamentaria
• Exceso no límite sinalado pola LEY 30/2007, de 30 de octubre de Contratos del Sector Público.
•  Por ter a necesidade de licitar
• Ou por estar o contrato vencido
Esta situación complícase debido á situación de prórroga orzamentaria e polo tanto, implica que os capítulos VI e VII correspondentes ao gasto de capital teñan sido dados de baixa.
É por elo que o Grupo Municipal Popular solicita:
1.     Subsanar coa maior celeridade posible as irregularidades cometidas en canto aos procedementos de contratación e pago destes servizos.
2.     Que a partir de agora, os procedementos administrativos se rexan escrupulosamente pola legalidade vixente co fin de promover a transparencia e igualdade de oportunidades en canto a concorrencia de empresas que queiran participar nos distintos procedementos de negociación concurso etc.
3.     Que o departamento de secretaría emita informe sobre as posible responsabilidades derivadas destas actuacións.
VER A MOCIÓN
Na segunda Moción, o Grupo Municipal Popular, solicita que se faga un estudo do índice do gas Radón en todos os locales municipales, xa que según un estudo da Universidade de Santiago, Galicia e en especial o Concello de Ames está nunha zona de especial afectación debido as especiais condicións do noso solo.

Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager