Print This Page

News

13/03/2009

En Ames tamén hai intolerantes


A sede do Partido Popular de Ames apareceu pola maña chea de pintura na súa fachada e nos cristais das fiestras que dan a Rúa Rosalía de Castro no Milladoiro.
Category: General
Posted by: Administrador
Os servizos de limpeza tiveron que acudir a limpar as  beirarrúas porque a pintura salpicou unha ampla zona coincidente debaixo das fiestras onde está situado o local.  Os representantes do Partido Popular, presentaron denuncia no Cuartel da Garda Civil do Milladoiro.
 

É unha pena que no século XXI, aínda queden individuos que sexan capaces de facer este tipo de actuacións, que demostran coa súa intolerancia, a falta de respecto aos que pensan de forma diferente.

  

Non é a primeira vez que nos ocorre esto, xa nas eleccións Municipais, a sede de bertamíráns, fora obxecto de pintadas. Si estes individuos cree que van a conseguir algo con estas actuacións intolerantes VAN DADOS ¡¡¡


Páxina anterior: Modules
Páxina seguinte: Menu Manager